O presidente da Xunta participou na Gala de Hostalería e Turismo da provincia de Pontevedra

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a consolidar Galicia coma un destino de calidade

Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular

No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados, 115.000 na provincia de Pontevedra

Mondariz-Balneario (Pontevedra), 15 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a excelencia e profesionalidade das empresas e traballadores do sector turístico de Galicia que contribúen cada día a consolidar a comunidade coma un destino atractivo no que prima a calidade e o bo servizo.

Durante a súa intervención na Gala de Hostalaría e Turismo da provincia de Pontevedra, Rueda asegurou que a gran oferta e a excelencia dos establecementos turísticos galegos fan que Galicia pechase 2023 como o primeiro destino do norte peninsular, con máis de 7 millóns de viaxeiros aloxados ao longo de todo o ano. No que vai de 2024, foron máis de 412.500 os turistas aloxados ata o mes de marzo na comunidade, dos cales 115.000 fixérono na provincia de Pontevedra.

Nesta liña, subliñou a aposta e compromiso da Xunta por seguir fortalecendo o modelo turístico que cada vez atrae a máis viaxeiros á comunidade. Para iso, asegurou que o Goberno galego seguirá mellorando as infraestruturas -coma os portos polos que pasa a ruta Traslatio- ; promovendo que cada vez máis establecementos acaden a certificación de Q de Calidade; e impulsando un dos motores do sector en Galicia como é o Camiño de Santiago, a través de todas as súas rutas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/04/2024