Rueda participa na inauguración da exposición de fotoxornalismo ‘A Galicia inédita’

Santiago de Compostela,  15 de abril de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Santiago de Compostela na inauguración da exposición A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego, organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia e o Colectivo profesional de fotoxornalistas. “En Galicia temos  magníficos profesionais e por iso exposicións como esta serven para que se vexa a excelencia do voso traballo”, sinalou.

Na súa intervención, o titular do Executivo galego reivindicou a importancia destes profesionais á hora de interpretar a realidade e construír a memoria colectiva, ao tempo que aproveitou para agradecer o seu labor e o de todos os profesionais dos medios de comunicación. “Estamos moi orgullosos do xornalismo e o fotoxornalismo que se fai en Galicia”, manifestou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/04/2024