A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada LU-541 ao paso por Vilalba, Rábade e Begonte, que suporán un investimento de 145.000€

Está previsto que os traballos de reforzo da seguridade viaria e de mellora das prestacións da estrada se desenvolvan ata o vindeiro 19 de abril

O obxectivo é rehabilitar a capa de rodaxe da estrada que comunica Rábade e Vilaba

Acondicionarase o firme con formigón bituminoso nunha superficie de 12.000,00 m², entre os quilómetros 0 e 17+250

Para a execución destes traballos habilítanse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando é necesario

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024

A Xunta comezou as obras de mellora do firme na estrada LU-541 ao paso polos concellos de Vilalba, Rábade e Begonte, que suporán un investimento de máis de 145.000 €.

Estas intervencións, que contribuirán a reforzar a seguridade viaria e a mellorar as prestacións da estrada, desenvolveranse ata o vindeiro día 19 de abril.

Os traballos teñen como obxectivo a rehabilitación da capa de rodaxe nesta vía que comunica Rábade (A-6) e Vilalba (N-634).

Para iso acondicionarase o firme con formigón bituminoso nunha superficie aproximada de 12.000,00 m², entre os puntos quilométricos 0 e 17+250 da estrada autonómica, ao paso polos citados termos municipais.

Unha vez finalizadas as obras de rehabilitación do firme, procederase á reposición das marcas viarias afectadas.

Para a execución destes traballos habilítanse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando é necesario.

A actuación acométese no marco do contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona norte de Lugo. De xeito máis concreto, forma parte da planificación da campaña de rehabilitación de firmes prevista para este ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/04/2024