A Xunta participa nun encontro con mozos que se beneficiaron da primeira edición do programa Xuventude Mentoring na Empresa

Coles (Ourense), 10 de abril de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá a asociación Esgaia Inserta, en Coles, unha das participantes no programa Xuventude Mentoring na Empresa que promove a inserción laboral da mocidade galega. No encontro participaron un grupo de mozos que se beneficiaron desta iniciativa no último ano e que puideron contar a súa experiencia.

O Xuventude Mentoring na Empresa permitiu na súa primeira edición que preto de 150 mozos e mozas realizasen estadías formativas en 57 empresas e tres concellos, cunha porcentaxe de inserción laboral do 30 %. Esta iniciativa xorde logo do éxito do Xuventude Mentoring, que nas súas catro edicións ofreceu ferramentas e formación a 600 mozos de entre 18 e 30 anos para o acceso ao emprego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/04/2024