A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada LU-132 ao paso polo municipio de Trabada

A intervención, que se desenvolverá ao longo do día de hoxe e de mañá, conta cun investimento de case 91.000 €

O obxectivo é rehabilitar a capa de rodaxe nunha superficie aproximada de 4.800 m² entre os quilómetros 11 e 21+660 da vía que comunica Lourenzá e Vilafernando

Para a execución destes traballos habilítanse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando é necesario

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

A Xunta comezou as obras de mellora do firme na estrada LU-132 ao paso polo concello de Trabada.

Esta intervención, que se desenvolverá ao longo do día de hoxe e de mañá, conta cun investimento de case 91.000 euros.

Os traballos que se están levando a cabo teñen como obxectivo a rehabilitación da capa de rodaxe nesta vía que comunica Lourenzá e Vilafernando.

A actuación acométese no marco do contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona norte de Lugo. De xeito máis concreto, forma parte da planificación da campaña de rehabilitación de firmes prevista para este ano.

Os traballos comprenden o acondicionamento do firme con formigón bituminoso nunha superficie aproximada de 4.800 m², entre os puntos quilométricos 11 e 21+660, no termo municipal de Trabada.

Unha vez rematadas as obras de rehabilitación do firme, procederase á reposición das marcas viarias.

Para a execución destes traballos habilítanse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, cando é necesario.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/04/2024