O espazo Xove da Xunta de Galicia en Lalín acolle un obradoiro de cociña

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta tarde este equipamento

Lalín (Pontevedra), 6 de abril de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse esta tarde ao Espazo Xove de Lalín, onde saudou a un grupo de mozas que participaron nun obradoiro de cociña.

Outras actividades que están programadas nestes Espazo Xove para este mes de abril son un torneo de billar; ‘xogo cruzado’, que consiste no intercambio de videoxogos; e ‘De Linguas’, actividade na que mozos doutros países residentes en Lalín e comarca aprenden castelán e galego conversando con outros rapaces.

A directora xeral destacou o importante papel que ten a rede de Espazos Xove da Xunta de Galicia, formada por doce centros repartidos nas catro provincias, tanto como lugares de encontro nos que a mocidade participa en actividades lúdicas ou pasa o tempo con amizades, así como recursos de información xuvenil. De feito, o ano pasado a través destes equipamentos achegouse información a case 7.000 mozos.

Data de actualización: 05/04/2024