Hoxe pecha o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta de Galicia para o curso 2024-2025

Ofértanse 10.500 prazas de 0 a 3 anos nos centros da rede pública autonómica

Vigo, 5 de abril de 2024

A Xunta de Galicia pecha hoxe o prazo para que as familias soliciten praza nas escolas infantís da rede pública autonómica para o vindeiro curso 2024-2025. Recordouno esta mañá o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, que visitou a escola infantil da Cidade da Xustiza.

Ofértanse arredor de 10.500 prazas de 0 a 3 anos distribuídas entre os centros da Axencia Galega de Servizos Sociais (Agass) e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Este será o terceiro curso no que se aplicará a gratuidade para todo o alumnado e en todos os centros da comunidade, con independencia da súa titularidade.

As solicitudes poderán remitirse de xeito electrónico a través da sede da Xunta de Galicia ou acudindo de xeito presencial a calquera dos rexistros oficiais. Este ano, como novidade, as familias cuxos proxenitores traballen terán máis puntuación á hora de acceder ás escolas. Desta forma, terán máis facilidades para atender ás súas necesidades de conciliación. Os nenos que obteñan praza se incorporarán ás aulas o vindeiro día 6 de setembro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/04/2024