Preto de 300 nenos e nenas participan en Tomiño nunha xornada de introdución á loita do Programa Xogade

O delegado territorial destacou a importancia de fomentar actividade física durante a infancia

Tomiño (Pontevedra), 5 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acudiu esta mañá ao Pavillón Municipal de Goián para asistir ás xornadas de introdución á Loita nas que participaron preto de 300 alumnos de centros escolares de Salceda de Caselas, Tomiño, O Rosal e Gondomar.

O delegado territorial conversou cos monitores do evento e destacou a importancia de fomentar a actividade física na infancia. Cabe destacar que esta iniciativa está forma parte do programa Xogade da Xunta, que busca achegar o deporte ao alumnado galego.

Reguera despediuse agradecendo o “empeño e compromiso da comunidade educativa coas iniciativas propostas pola Xunta” e asegurou que o goberno galego seguirá traballando para construír “unha Galicia máis activa, máis viva e máis saudable”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/04/2024