A Casa de Galicia en Madrid recibe a visita dos alumnos de 3º de ESO do Colexio Sagrado Corazón de Placeres, de Pontevedra

Madrid, 4 de abril de 2024.- O director da Casa de Galicia, Javier Vázquez, recibiu na sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid aos alumnos de 3º da ESO do Centro Plurilingüe Sagrado Corazón de Placeres de Pontevedra, que se atopan na capital de España realizando unha visita cultural.

Os alumnos, acompañados polos docentes, Ana Pascual, Rafael Pazos e Jorge Padín, fixeron a súa primeira parada na Casa de Galicia para dar a coñecer aos alumnos esta institución e as actividades que leva a cabo na capital española. Ademais, os alumnos e alumnas deste centro que participan na iniciativa europea HotStop tiveron a oportunidade de entrevistar ao director da Casa de Galicia acerca dos fondos de Cohesión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/04/2024