A Xunta participa nun encontro con responsables de centros residencias da área sanitaria da Coruña

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destaca a colaboración do Colexio Oficial de Médicos na formación de profesionais sociosanitarios

A Coruña, 3 de abril de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe nunha xornada con responsables de centros residenciais da área sanitaria da Coruña, que tivo lugar na sede do Colexio Oficial de Médicos.

Antón Acevedo destacou a colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o colexio de médicos para propiciar a formación continua dos profesionais sociosanitarios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/04/2024