Fabiola García visita ás persoas maiores da residencia Raiola O Hórreo

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, visitou hoxe ás persoas maiores da residencia Raiola O Hórreo, onde tamén tivo a ocasión de conversar con responsables e persoal do centro.

A conselleira explicou a nova axuda posta en marcha pola Xunta de Galicia dirixida aos usuarios de servizos de atención residencial: o complemento extra de 1.200 euros ao Bono Residencias. Esta axuda concédese con independencia da situación económica ou do grao da persoa dependente e chegará a unhas 10.000 persoas ao longo deste ano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/03/2024