Ana Ortiz salienta o labor do centro Aspavi de atención a persoas con discapacidade intelectual
2024-03-26
/documents/35297/773462/20240326+Aspavi.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 26 de marzo de 2024
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o secretario territorial, Fernando González Abeijón, recibiron este martes ao presidente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi), Juan Carlos Yáñez, para coñecer as actividades e os proxectos que levan a cabo nos seus centros ocupacionais e de día.
A responsable autonómica enxalzou o traballo desta entidade que oferta prazas sufragadas con fondos públicos. Ana Ortiz destacou o labor de Aspavi para dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual no campo ocupacional.
Data de actualización: 26/03/2024