O 061 de Galicia asistiu 41 persoas por 37 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 22 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 24 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 25 de marzo de 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 41 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 22 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 24 de marzo. O sábado e o domingo foron os días que rexistraron máis sinistros, con 15 accidentes de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 45 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 37 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 41 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 68 % e do 32 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30 % dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 16 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia

Accidentes

A Coruña

12

Lugo

3

Ourense

6

Pontevedra

16

Galicia

37

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 40. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en tres accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse en dous ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 33 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En 35 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/03/2024