Diego Calvo asiste ao derbi galego de baloncesto entre o Monbus Obradoiro e o Río Breogán
2024-03-23
/documents/35297/773453/20240322ObradoiroBreogan3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2024
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu ao partido da Liga Endesa de baloncesto entre Monbus Obradoiro e Río Breogán que se xogou hoxe no pavillón Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, e que rematou coa vitoria do equipo local.
Data de actualización: 23/03/2024