A Xunta pon en valor a excelencia dos viños de Amandi na festa de exaltación deste produto na que participan unha vintena de adegas desta subzona da DO Ribeira Sacra

Sober (Lugo), 23 de marzo de 2024

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado polo alcalde de Sober, Luis Fernández, e o presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, realizou este mediodía un percorrido pola XLIV Festa de exaltación deste produto, que se celebra ao longo da fin de semana neste concello lugués. Previamente, o titular do Medio Rural en funcións saudou no Pazo de Sober, acompañado polo rexedor, aos membros do xurado de catas desta edición da festa, que conta coa participación dunha vintena de adegas.

Na visita de hoxe, José González puxo de novo en valor a calidade diferenciada dos viños desta subzona da denominación de orixe  (DO) Ribeira Sacra -e dos galegos en xeral- e reiterou o apoio do Goberno galego ao fomento, reforzo da competitividade e promoción do sector vitivinícola da nosa comunidade, cunhas liñas específicas dotadas con máis de 40 millóns de euros só no período 2018-2023.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/03/2024