A Xunta pon en valor a súa estratexia para potenciar o uso da madeira na contrución no marco da feira Rebuild

Madrid, 21 de marzo de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou hoxe nunha mesa redonda organizada pola Junta de Castilla y León no marco da feira REBUILD, celebrada en Madrid, para falar sobre o emprego da madeira na construción e poñer en valor a estratexia que está a levar a cabo o Goberno galego neste eido.

Seguindo esta liña, o director da Axencia, dependente da Consellería do Medio Rural, explicou a decidida aposta que mantén a Xunta de Galicia por potenciar a madeira como material de construción, polo que resaltou as axudas concretas convocadas para o seu fomento cun investimento de 9,3 millóns de euros desde o ano 2020 -dos cales 5 millóns se corresponden coa convocatoria deste 2024 que inclúe como novidade as edificacións en altura-. A maiores, resaltou o compromiso do Goberno autonómico para que ata un 20% das edificacións de iniciativa pública empreguen madeira na súa estrutura, nunha porcentaxe que se introducirá gradualmente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/03/2024