A delegada da Xunta apoia o proxecto da asociación viguesa Woman Defensa Solidaria
2024-03-20
/documents/35297/773444/womanlara1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 20 de marzo de 2024
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo co responsable da Asociación Woman Defensa Solidaria, que leva a cabo un programa de autoprotección feminino que axuda ás mulleres para defenderse ante calquera tipo de agresión. A representante autonómica amosou o seu apoio ao proxecto vigués que naceu hai máis de 10 anos pola necesidade que xorde de prover ás mulleres das ferramentas necesarias para o seu defensa ante situacións reais.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 20/03/2024