A Xunta e a Asociación Paseniño estudan posibles vías de colaboración para mellorar a atención a persoas con discapacidade

A directora xeral Begoña Abeijón reuniuse hoxe con membros desta entidade da Costa da Morte

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reuniuse esta mañá con membros da Asociación Paseniño, que atende e presta servizo a nenos con necesidades especiais que residen en concellos da Costa da Morte. Begoña Abeijón coñeceu os obxectivos e programas da entidade, e estudáronse posibles liñas de colaboración de cara ao futuro.

A directora xeral destacou o labor que leva a cabo a Asociación Paseniño, coa que facilita a integración e capacitación para un desenvolvemento pleno da vida diaria das persoas con discapacidade. Ademais, sinalou a importancia do traballo conxunto entre a Xunta e as entidades do ámbito da discapacidade para achegar servizos alí onde son necesarios e para crear unha rede apoio para estas persoas e as súas familias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/03/2024