A Casa de Galicia en Madrid acolle un concerto pictórico

Madrid, 20 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no concerto de guitarra clásica e intervención pictórica, "IMPRESIÓNS DUN PEREGRINO" ofrecido por Carlos Rosaleny Valls, Conservatorio Profesional de Música de Valencia; e Rafael J. Ambel, profesor e doutor en Belas Artes.

Este novo acto consistiu en que, mentres Rosaleny Valls interpretaba dúas obras compostas ao redor da temática do Camiño: a "Suite Compostelá" e as "Cantigas de Santiago", os pinceis de Rafael J. Ambel trazaban formas pictóricas en función do que lle suxería a música,  xurdindo así,  un diálogo entre ambos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/03/2024