A secretaria xeral da Igualdade participa no curso ‘Muller e saúde’ programado polo CIM de Ortigueira

Trátase da última das iniciativas promovidas desde este Centro de Información á Muller -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller

Ortigueira (A Coruña), 19 de marzo de 2024

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou esta tarde no curso Muller e saúde da Escola Galega de Cidadáns para a Saúde programado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira. Trátase da última das iniciativas promovidas desde este centro -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller.

Vázquez puxo en valor estes centros, que definiu como “espazos seguro e de encontro, onde as mulleres poidan acceder a información e ferramentas que permitan o seu desenvolvemento vital e loitar contra a violencia de xénero”.

A programación do CIM de Ortigueira incluíu propostas culturais pero tamén formativas, como o curso sobre emprendemento e economía social a prol da igualdade no marco da Rede Eusumo que se celebrou a semana pasada. Na acción de hoxe, apóstase -entre outras- por previr enfermidades propias das mulleres, fomentando entre elas a saúde física, emocional e social.

“É un honor comprobar como o Concello de Ortigueira e o CIM en colaboración coa Escola de Saúde para cidadáns do Sergas, contemplan un Plan de Igualdade cunha área de saúde e benestar integral, para atender as particularidades de saúde física e psíquica que temos as mulleres”, rematou a representantes autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/03/2024