A Xunta visita ás familias que participan no programa ‘Peques’ da Fundación María José Jove
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta tarde a unha sesión desta iniciativa
A Coruña, 18 de marzo de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, estivo hoxe coas familias que participan no programa ‘Peques’ da Fundación María José Jove. Esta iniciativa está dirixida a familias con nenos de 0 a 6 anos que están en risco de exclusión social.
Jacobo Rey destacou a importancia deste programa, a través do que se presta unha atención integral aos participantes en aspectos como unha alimentación saudable, hábitos de hixiene, reforzo educativo ou apoio emocional.
A Xunta de Galicia colabora coa Fundación María José Jove noutros programas de interese social que leva a cabo esta entidade, para os que este ano achega unha subvención de 39.000 euros con cargo á liña de axudas do IRPF.