O delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisa as obras de mellora do camiño de Reboredo, en Dozón

As obras foron posibles grazas a un investimento de máis 46.000 euros por parte da Xunta

Dozón (Pontevedra), 18 de marzo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou as obras de ampliación e mellora do camiño de Reboredo, no concello de Dozón. 

Os traballos permitirán renovar esta zona e crear unha vía máis confortable e segura para a veciñanza e as múltiples explotacións gandeiras da zona. Esta reforma é posible grazas a un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, que investiu nesta iniciativa máis de 46.000 euros. 

Reguera destacou a importancia da colaboración entre institucións especialmente nos concellos máis rurais onde “unha estrada renovada é unha aposta de futuro e un paso máis no difícil reto de facer do noso rural un lugar atractivo e cómodo para vivir”. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2024