A Xunta participa na conferencia “Smart Rural 27” para o fomento das aldeas intelixentes en comunidades rurais

Bruxelas (Bélxica), 18 de marzo de 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu hoxe á primeira xornada da conferencia “Smart Rural 27”, impulsada pola Comisión Europea no ano 2020, que se está a celebrar na cidade de Bruxelas, en Bélxica. O obxectivo deste encontro, ao que asistentes representantes de diversos países europeos, é analizar a implementación da Política Agraria Común (PAC) nas zonas rurais e as iniciativas de aldeas intelixentes dentro da Unión Europea.

Mañá, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participará nunha das conferencias enmarcadas dentro de “Smart Rural 27”. Na súa intervención, a directora xeral exporá os diferentes proxectos ligados ás aldeas modelo que se están a desenvolver en Galicia.

Data de actualización: 18/03/2024