A Xunta defende no ‘Smart Agrifood Submit’ de Sevilla os pasos que está a dar Galicia no eido da economía azul para avanzar na resiliencia e sostibilidade

Sevilla, 15 de marzo de 2024

Galicia pretende continuar a ser un referente europeo e mundial en sostibilidade da actividade marítimo-pesqueira e das comunidades costeiras, e con este obxectivo continúa avanzando seguindo como guía a Axenda da Economía Azul Sustentable de Galicia. Sobre esta estratexia falou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, na súa participación no foro ‘Smart Agrifood Summit’ que se celebrou en Sevilla e que representa a maior concentración europea de innovación aberta e dixitalización aplicada á cadea agrolimentaria. 

Antonio Basanta enxalzou o gran potencial de Galicia e a súa folla de ruta para propiciar este salto económico cara unha transición xusta, resiliente e sustentable. O sector mar-industria, desde a extracción, a produción e a transformación forman parte e son moitas veces tractores de avances tecnolóxicos que están moi presentes en partes desa economía azul que defende a UE, sinalou o director xeral, como poden ser a dixitalización, a biotecnoloxía ou a construción naval. Defendeu que se forma parte desa evolución, pero que hai que aprender a comunicalo con moitísima máis potencia e de forma coordinada.  Na mesa redonda na que participou presentes representantes da Federación Nacional de Confrarías e empresas galegas como Nueva Pescanova, Wofco, Nauterra xunto con representantes de firmas de outros lugares de España.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 15/03/2024