A Xunta felicita á Cooperativa Ferrolá de Profesores de Autoescola polo seu 50º aniversario e por representar os valores da economía social

Ferrol, 16 de marzo de 2024

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no acto de conmemoración do 50º aniversario da Cooperativa Ferrolá de Profesores de Autoescola (Cofepa), en recoñecemento do traballo desta entidade no eido da formación, que representa os valores da economía social e inspira a futuras xeracións. 

A Xunta de Galicia recoñeceu en 2023 nos seus Premios á Cooperación a traxectoria desta cooperativa, a primeira de autoescolas de traballo asociado que funcionou en España, pola súa utilidade e vocación social. Cofepa, fundada en 1974, dispón na actualidade de seis centros de formación que imparten ensinanzas de condución de vehículos terrestres e de especialidades dunha variada gama de vehículos. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/03/2024