A nova novela do xornalista e escritor Jacinto Ruiz preséntase na Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 14 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do libro Cicatrices en la selva, do xornalista e escritor, Jacinto Ruiz, vinculado durante toda a súa traxectoria profesional a La Voz de Galicia.

Estivo acompañado na presentación da súa nova novela por Xullo Acochea, presidente de ASOMEGA, e  María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia.

A historia vira ao redor dun médico galego que se encarga de erradicar as vexigas no recentemente descolonizado Congo.

Baseada en feitos reais, Cicatrices na selva narra a historia do Dr. Jorge Martínez, médico da OMS, na Selva do Congo durante os convulsos anos 60 e 70, movido polo anhelo de extinguir definitivamente as vexigas no seu último reduto, África.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/03/2024