O xornalista David Mulé presentou na Casa de Galicia en Madrid a súa podcast sobre o Camiño de Santiago

Madrid, 13 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación do podcast, El Peregrino: la aventura del Camino de Santiago, de David Mulé. 

Acompañando ao xornalista estiveron Francisco Izuzquiza, presentador de "La escóbula de la Brújula"; Miguel Galguera, deseñador sonoro de "El Peregrino"; Arantxa Zunzunegui, Sr. Producer Originals de Audible; Juan José Sánchez-Oro, historiador; e Antón Pombo, xornalista e escritor de guías do Camino de Santiago.

‘El Peregrino: La aventura del Camiño de Santiago’ chega a Audible coa voz do xornalista e produtor de podcast, David Mulé, que compartiu cos asistentes  como vive un peregrino as diferentes etapas do Camiño e de onde vén a maxia que rodea a esta ruta milenaria.

Durante máis de 900 km, o xornalista, David Mulé, descubriu os monumentos e bens de interese de cada etapa, así como as historias, promesas e vivencias daqueles que percorren o Camiño.

O obxectivo da presentación foi dar a coñecer unha obra relacionada co Camiño de Santiago, da que Galicia protagoniza gran parte.

Foi un evento dirixido a todas aquelas persoas interesadas no Camiño de Santiago, que cada vez son máis debido ao incesante crecemento de peregrinos ano a ano.

Data de actualización: 13/03/2024