Concerto de saxofón "Armonías Ibéricas", na Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 12 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no concerto de saxofón "ARMONÍAS IBÉRICAS", ofrecido por Adrián Sánchez e José Aguilar. 

Con este programa, titulado "Armonías Ibéricas", este dúo de saxofonistas ofreceu ao público, que abarrotou a sala, a elegancia clásica coa audacia contemporánea, convidando  á audiencia a mergullarse nun diálogo entre o pasado e o presente, entre a tradición e a experimentación.

A versatilidade do dúo evidénciase no seu enfoque tanto na nova creación, colaborando con compositores contemporáneos, como na interpretación dun repertorio que abarca desde o século XVI até a actualidade. Este enfoque ecléctico e comprometido reflicte unha fusión única de tradición e exploración artística no mundo do saxofón.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/03/2024