Premiado o xefe do Estado Maior do Exército de Terra, Amador Enseñat y Berea, como galego do ano 2023

Madrid, 12 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no tradicional acto que organiza cada ano o club de Xornalistas Galegos en Madrid, e que serviu para premiar ao  xefe do Estado Maior do Exercito de Terra, Amador Enseñat e Berea, como Galego do Ano 2023. 

A presidenta do club, Pilar Falcón, indicou que «se tivo moi en conta, non só que sexa un galego o que desempeñe o cargo de máxima autoridade do Exército de Terra no noso país, se non tamén a súa traxectoria profesional e o seu servizo en operacións da OTAN, Unión Europea e Nacións Unidas». 

Este galardón recibírono escritores ilustres como Camilo José Cela ou Gonzalo Torrente Ballester.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/03/2024