O delegado territorial en Pontevedra supervisa as obras de mellora do camiño Puxafeita, en Ribadumia

As obras foron posibles grazas a un investimento de 48.000 euros por parte da Xunta

Ribadumia (Pontevedra), 11 de marzo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou as obras de mellora do camiño Puxafeita, no concello de Ribadumia.

Os traballos, que permitirán renovar esta zona e crear unha contorna máis agradable para toda a veciñanza, continúan a bo ritmo. Esta reforma é posible grazas a un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, que investiu nesta iniciativa máis de 48.000 euros.

Reguera destacou a importancia da colaboración entre institucións para “construír entre todos unha provincia máis amable, máis segura e máis confortable para todos os galegos e galegas”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/03/2024