O Barco de Valdeorras convoca a súa I Festa do botelo na Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 10 de marzo de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou  na degustación aberta ao público previa reserva, co botelo como protagonista. Así, o menú consistiu en sopa de botelo e botelo con chourizos, grelos, garavanzos e patacas, todo iso regado con viños e licores da Denominación de Orixe Valdeorras. O toque doce puxérono as filloas con mel e leite frito.  

O obxectivo da Concellaría de Cultura e Educación, que dirixe Margarida Pizcueta, é conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.

A Festa do Botelo é un evento festivo e gastronómico que organiza o Concello para exaltar o embutido máis singular da vila. A “festa” iniciouse en 2001 cunha convocatoria a nivel local, que ano tras ano reúne a máis de 1.200 persoas nun pavillón. 

O éxito é tal que as entradas se esgotan en cuestión de minutos. Ademais, os restaurantes da comarca ofrecen durante dous fins de semana un menú especial tamén co botelo e o cocido valdeorrés como protagonistas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/03/2024