A Xunta asiste á celebración dos 26º xogos autonómicos de natación Special Olympics Galicia

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu esta mañá á celebración dos 26º xogos autonómicos de natación organizados por Special Olympics Galicia en Santiago. Durante o evento, incidiu no apoio do Goberno galego para garantir un deporte adaptado e accesible a todas as persoas con discapacidade. 

A directora xeral agradeceu a Special Olympics o seu traballo e dedicación para fomentar o deporte entre as persoas con discapacidade como unha forma, non só de inclusión, senón tamén de fomento da vida saudable e da autoestima persoal. Neste sentido, lembrou que a Xunta seguirá estando o seu carón financiando e apostando por estender as súas actividades ao maior número de persoas posible.

Data de actualización: 10/03/2024