A Xunta organiza un curso sobre o funcionamento de aplicacións web empregadas no servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais

A Estrada (Pontevedra), 9 de marzo de 2024

A Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, levou a cabo un curso formativo destinado a técnicos e xefes dos distritos forestais na Academia Galega de Seguridade Pública, situada no concello pontevedrés da Estrada, onde abordaron o manexo de aplicacións web empregadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

Estas ferramentas dixitais permiten dispoñer de toda a información sobre a dispoñibilidade de persoal, a xestión dos medios aéreos e da maquinaria pesada, así como para contar cun inventario de infraestruturas, material ou elementos de prevención. A formación impartida estivo a cargo de persoal da Dirección Xeral de Defensa do Monte especializado nas distintas aplicacións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/03/2024