A Xunta subliña o recoñecemento da discriminación múltiple e a igualdade de trato das mulleres con discapacidade no encontro da muller xorda

Lugo, 9 de marzo de 2024

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou na apertura do XVI Encontro da muller xorda de Galicia, organizada pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), co apoio da Xunta de Galicia, onde subliñou a importancia de encontros deste tipo para visibilizar as necesidades do colectivo e impulsar a súa participación. 

A nova Lei de igualdade, xa aprobada, desenvolverase na presente Lexislatura e incidirá nos colectivos vulnerables e no recoñecemento da discriminación múltiple que padecen as mulleres con discapacidade. Trátase, como dixo Vázquez, de garantir o seu dereito á igualdade de trato garantindo as mesmas oportunidades en relación coas demais mulleres e cos homes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/03/2024