Ana Ortiz e Elena Mancha renden homenaxe ás mulleres pioneiras da xustiza en Vigo e salientan o seu papel como referentes para as súas compañeiras e para as futuras xeracións

Vigo, 7 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron este xoves, 7 de marzo, na homenaxe ás mulleres pioneiras da xustiza con motivo do Día Internacional da Muller. O acto, organizado polo Decanato e os colexios de avogados e procuradores de Vigo, tivo lugar na Cidade da Xustiza de Vigo e serviu para render tributo a dez profesionais do ámbito xudicial convertidas xa en referentes para as súas compañeiras e para as futuras xeracións.

As mulleres homenaxeadas foron a avogada María Romana San Luis Costas, a funcionaria xudicial Amparo Fernández Feijóo, a procuradora María Teresa Muíños Torrado, a maxistrada da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Ourense, Ángela Domínguez Viguera Fernández, a letrada da Administración de Xustiza na Sección Primera da Audiencia Provincial de Pontevedra, María Jesús Prieto Toranzo, a fiscal Ana Rivas Santaló, a maxistrada da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, Magdalena Fernández Soto, a fiscal xefa da Área de Vigo, Susana García-Baquero Borrell, a presidenta da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, Nélida Cid Guede, e a presidenta da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, Begoña Rodríguez González.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024