Galicia acolle unha das reunións da ponencia de alertas do Sistema Nacional de Saúde

É a primeira reunión deste órgano que se celebra de forma descentralizada

O conselleiro de Sanidade en funcións agradece o traballo dos técnicos das distintas comunidades autónomas que se reúnen xunto ao director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio, Fernando Simón

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Galicia acolleu este xoves unha das reunións da Ponencia de alertas do Sistema Nacional de Saúde coa asistencia de técnicos de Saúde Pública das diferentes comunidades e cidades autónomas, do Centro Nacional de Epidemioloxía e do director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio, Fernando Simón.

Acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, trasladou os seus parabéns a todos os profesionais polas súas achegas en materia de preparación e resposta fronte a ameazas para a saúde pública na actualidade e durante a pandemia.

Nesta liña, o conselleiro en funcións agradeceu “o traballo realizado durante todos estes anos por Alberto Malvar, o xefe de servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública, para quen esta será a súa última reunión presencial, dado que se xubila o próximo mes”.

Na súa intervención, Comesaña fixo mención a que Galicia presentou a súa candidatura a ser sede da a Axencia Estatal de Saúde Pública que creará o Ministerio de Sanidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024