A Xunta apoia a nova campaña de dinamización do comercio na zona Náutico de Vigo con motivo do Día do Pai

A delegada en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves na presentación da iniciativa dos comerciantes con concursos e premios

Vigo, 7 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este xoves o compromiso do Goberno galego co comercio local durante a presentación da campaña “Día do Pai 2024” da man da Asociación de Comerciantes e Hosteleros Zona Náutico.

A representante autonómica sinalou que a través desta inicativa, os responsables de Zona Náutico, pretenden dar visibilidade a área comercial de toda contorna, un espazo aberto ao mar no centro da cidade. A campaña, que comeza este xoves e remata o vindeiro día 19 de marzo, pretende estimular as compras directas nos establecementos asociados.

“Grazas a esta iniciativa incentivaremos e poremos en valor unha das zonas máis visitadas da cidade, tanto por turistas como polos cidadáns que se aproximan á Alameda, As Avenidas”, sinalou Ana Ortiz durante a presentación celebrada na Zapatería Elena Vázquez.

A mecánica da campaña consiste nun sistema no que os participantes deberán consumir bens ou servizos, cunha compra mínima de 5 euros, en calquera dos establecementos asociados á Zona Náutico e subir as compras a aplicación para participar nun sorteo dunha xornada en velero pola ría de Vigo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2024