Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

24/09/20 | 17:48

A Xunta destaca a contribución do turismo mariñeiro á economía das zonas costeiras

Rosa Quintana puxo como exemplo o proxecto de cooperación Mar das Illas de creación de novas fontes de ingresos e de novas oportunidades de traballo arredor do mar e no que conflúen a cohesión territorial, a inclusión social e a mobilidade laboral

23/09/20 | 18:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia nomea novo xerente a Emilio de la Iglesia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a reunión deste órgano no que se aprobou o nomeamento por unanimidade

23/09/20 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura

21/09/20 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Clúster de Turismo de Galicia coinciden na importancia de potenciar a marca Galicia como destino seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá no Real Club Náutico de Sanxenxo un primeiro encontro coa directiva do Clúster Turismo de Galicia

19/09/20 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora de seguridade viaria na estrada LU-633 á saída do Camiño Francés en Portomarín

A actuación, cun investimento de case 50.000 euros, consistiu na rehabilitación das beirarrúas e na instalación dunha nova varanda de protección neste treito de estrada que une Pedrafita e Alto do Hospital

16/09/20 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala o termalismo como elemento clave na desestacionalización e diversificación do turismo galego

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, interveu hoxe no 'I Congreso Internacional sobre Auga e Saúde', onde destacou o traballo dos centros termais galegos para activar protocolos de prevención fronte á covid-19

16/09/20 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por seguir potenciando Galicia como destino seguro xa que o sector turístico é clave para a recuperación económica da nosa comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do Congreso de Turismo Experiencial, “Turismo e Cultura como eixes do emprendemento”, que terá lugar estes días en Lugo

12/09/20 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta unha nova edición da campaña “Outono gastronómico” na que participan 70 establecementos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, indicou que esta campaña é unha firme aposta pola promoción da nosa gastronomía da que xa desfrutaron mais de 70.000 persoas dende que se puxo en marcha

11/09/20 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro toma posesión como directora de Turismo de Galicia

O vicepresidente primeiro presidiu o acto, no que destacou a importancia de traballar co sector para que Galicia sexa un destino seguro cun turismo de calidade