Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

01/10/20 | 19:20

Medio Ambiente e Cogami buscarán posibles vías de colaboración en materia de xestión de residuos, accesibilidade e emprego

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta tarde coa xunta directiva da entidade, que vela en Galicia pola inclusión das persoas con discapacidade e a través da súa empresa de economía social Coregal ofrece servizos relacionados coa reciclaxe

25/09/20 | 14:20

Medio Ambiente e a Asociación Galega de Empresas de Enxeñería cooperarán para axilizar a tramitación de novos proxectos

A conselleira Ángeles Vázquez e a xunta directiva de Ageinco mantiveron unha xuntanza para analizar as posibles liñas de colaboración entre ambas entidades

24/09/20 | 14:33

Medio Ambiente licita por 122.000 euros as obras de reforma da contorna do campo da feira no concello de Boimorto

A actuación está cofinanciada pola Xunta de Galicia, que achegará o 70% do custo total, e o Goberno municipal, que sufragará o 30% restante con fondos propios

23/09/20 | 14:27

O Plan de recuperación das zonas queimadas no Xurés incluirá un estudo sobre o risco de erosión, un mapa de solos e un protocolo para planificar as futuras repoboacións

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o parque natural para coñecer en persoa o impacto causado polos incendios forestais que se produciron nas últimas semanas

22/09/20 | 13:55

Inspectores ambientais da Xunta constatan o estado de abandono do punto limpo dos Penedos, no concello de Monfero

A raíz do expediente sancionador aberto o ano pasado polo amoreamento incontrolado de residuos nesta zona, a Consellería de Medio Ambiente acaba de realizar unha inspección para verificar se o Goberno local restaurou a situación

22/09/20 | 13:11

Medio Ambiente e a USC colaborarán na mellora e reintrodución do mexillón de río nos cursos fluviais galegos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o reitor da Universidade de Santiago asinaron o convenio de colaboración, polo que se investirán 85.000 euros para a recuperación deste bivalvo

21/09/20 | 18:46

Medio Ambiente traslada ao Ministerio de Transición Ecolóxica a súa oposición a modificar a Lei de costas, a través da Lei de cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lamenta que esta lei teña entre os seus obxectivos erradicar do litoral de Galicia máis de 5.000 construcións

17/09/20 | 15:50 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta
16/09/20 | 12:47

A Xunta invita á sociedade galega a participar na mellora e conservación da capa de ozono

Como cada 16 de setembro, hoxe conmemórase o Día Internacional para a conservación da capa de ozono, que nesta edición se celebra baixo o lema ‘Ozono para a vida’

11/09/20 | 12:35

Medio Ambiente comunicará ao longo do mes os proxectos das entidades locais que recibirán axudas para a mellora da xestión de residuos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coñeceu esta mañá o funcionamento do punto limpo da Mancomunidade do Ribeiro, entidade que recibiu unha axuda da convocatoria de 2019 para a adquisición deste equipamento