Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

09/02/21 | 17:19 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Coristanco impulsarán o sector da pataca a través dun Plan estratéxico e de distintos instrumentos de mobilización de terras

O conselleiro do Medio Rural mantivo un encontro telemático co alcalde desta localidade coruñesa, acompañado dos directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

09/02/21 | 09:59 | C. do Medio Rural

Un total de 91 industrias beneficiáronse no ano 2020 das axudas da Xunta para a transformación e comercialización de produtos agrarios por valor de 26 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas, que convoca a Consellería do Medio Rural

08/02/21 | 11:18 | C. do Medio Rural

A Xunta beneficiou a 19 adegas con 1,3 millóns de euros en axudas para a promoción do viño galego en países de fóra da Unión Europea

O DOG publica hoxe a resolución desta liña de achegas, que xestiona a Consellería do Medio Rural

07/02/21 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta e as cooperativas agroalimentarias reforzan a súa colaboración na defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos

No encontro púxose de manifesto a sintonía existente entre ambas partes en materias como as negociacións da PAC, o reparto dos fondos europeos para o sector primario ou a posibilidade de mellorar a Lei de recuperación da terra

06/02/21 | 11:14 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello da Gudiña estudan a posibilidade de impulsar un instrumento de mobilización de terras

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde mantiveron un encontro para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipio ourensán

04/02/21 | 11:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2 M€ a financiar a actividade dos seis GDR da provincia de Lugo ata o ano 2022

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o DOG vén de difundir os acordos asinados con estas agrupacións para que sigan impulsando proxectos que contribúan ao desenvolvemento do medio rural

01/02/21 | 10:14 | C. do Medio Rural

A Xunta achegou preto de 17,9 millóns de euros a 13.300 perceptores dos pagos compensatorios por áreas de montaña ou con limitacións naturais relativos á convocatoria de 2019

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) sobre as axudas da campaña 2019/2020 relativas ao segundo piar do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia

01/02/21 | 09:35 | C. do Medio Rural

A Xunta achega preto de 3 millóns de euros a 166 viticultores para a reestruturación e reconversión varietal das viñas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das persoas beneficiarias destas axudas da Consellería do Medio Rural, coas que se mellorarán case 290 hectáreas de superficie

31/01/21 | 11:55 | C. do Medio Rural

Galicia participa no deseño das axudas estatais para mellorar os viveiros e os centros de limpeza de transporte de gando e xestionará estas achegas

A medida, coordinada e financiada polo Ministerio de Agricultura, servirá para reforzar os sistemas de capacitación e bioseguridade nestas instalacións

29/01/21 | 11:50 | C. do Medio Rural

A futura Lei de recuperación da terra volve ao Consello Agrario Galego na procura do máximo consenso na súa elaboración

Neste contexto, José González propuxo a creación dun grupo de traballo coas organizacións profesionais agrarias para mellorar os seus contidos namentres se poidan introducir emendas no trámite parlamentario, no mes de febreiro