Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

30/10/20 | 14:25

Urbanismo emite o informe sobre a modificación do PXOM da Coruña na Sardiñeira para avanzar na tramitación da intermodal

A Xunta cumpre con este trámite cando aínda non transcorreron catro meses desde que recibiu a solicitude municipal, unha mostra da súa vontade de colaboración para axilizar un proxecto clave para a cidade herculina

30/10/20 | 13:59

A Xunta completa as obras que converten á Vía Verde do Salnés no primeiro itinerario ferroviario integramente galego

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os alcaldes de Portas, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa percorreron esta mañá unha parte do trazado, de case 10 km de lonxitude e que discorre sobre a plataforma ferroviaria que quedou en desuso tras a entrada en funcionamento da liña de alta velocidade

30/10/20 | 12:14

A Xunta colabora na campaña 'Un paso á fronte polo medio ambiente' coa que se dispoñen preto de 1.400 puntos Sigre para a recollida de medicamentos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda quere visualizar esta iniciativa que chega ás farmacias para recordar aos galegos a importancia de pechar axeitadamente o ciclo de vida deste tipo de residuos

28/10/20 | 14:24

A Consellería de Medio Ambiente anima aos galegos a participar na quinta edición da campaña solidaria 'Recicla vidro por elas'

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, e o xerente de Ecovidrio en Galicia e Asturias, Germán Fernández, achegáronse esta mañá en Santiago ata un dos 15 puntos de recollida de envases instalados en Galicia para contribuír á loita contra o cancro de mama

28/10/20 | 00:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O DOG publica a orde pola que se declara espazo natural de interese local ao Complexo Dunar de O Vao-Baluarte, en Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata o areal onde informou que con esta declaración o Concello asume o compromiso de poñer en práctica as medidas necesarias para garantir os seus valores naturais

27/10/20 | 14:18

A Xunta financiará con case 45.000 euros a compra dun inmoble para rehabilitar en Outeiro de Rei co fin de destinalo a servizos sociais

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde José Pardo acaban de asinar o convenio en virtude do cal o departamento autonómico achegará esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación dirixido a entidades locais de menos de 50.000 habitantes

26/10/20 | 11:13

A sexta memoria das Directrices de Ordenación do Territorio pon en valor as medidas de Medio Ambiente para revitalizar o rural de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta o traballo do Goberno da Xunta a prol da rehabilitación, como factor dinamizador de Galicia

24/10/20 | 12:01

Medio Ambiente financiará con case 30.000 euros a rehabilitación de tres antigas vivendas de mestres no concello de Bande

A conselleira Ángeles Vázquez e a alcaldesa Sandra Quintas acaban de asinar os convenios en virtude dos cales o departamento autonómico achegará esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación para concellos de menos de 50.000 habitantes

23/10/20 | 15:08

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Leiro para mellorar e humanizar a praza de Eladio Rodríguez no núcleo de San Clodio

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia co rexedor municipal para coñecer as demandas deste municipio ourensá