Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

13/01/21 | 12:05 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a Xunta seguirá traballando desde a estabilidade e a unidade para lograr unha recuperación sólida

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Vigo na presentación dun informe de BDO que sinala que o 70% das empresas galegas opina que este ano o comportamento da economía da Comunidade será mellor que o de España

11/01/21 | 14:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao Goberno central a necesidade de afrontar a transición ecolóxica desde a cogobernanza, a igualdade de oportunidades e con medidas de acompañamento á industria

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, mediante videoconferencia, na Conferencia Sectorial de Enerxía

07/01/21 | 12:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 6 M€ para impulsar plans de internacionalización dixital de pemes, autónomos e comercio

O Goberno galego activa nas vindeiras semanas unha nova convocatoria de Galicia Exporta Dixital, unha liña adaptada ás necesidades provocadas pola pandemia da covid-19 para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a mellora da competitividade no actual contexto económico

04/01/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

Luisa Piñeiro anuncia que a Xunta concede 192.000€ en subvencións a seis asociacións e dez comercios do Baixo Miño, o Condado e a Paradanta para impulsar o sector

A delegada territorial de Pontevedra e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitan a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, que recibe unha axuda de 25.523€ para dinamización comercial, campañas de
fidelización e funcionamento

04/01/21 | 10:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 5 millóns de euros a posta en marcha de novas iniciativas empresariais a través do programa Galicia Emprende

Os apoios alcanzan o 80% do investimento subvencionable e poden chegar aos 400.000 euros por beneficiario

01/01/21 | 08:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina dous millóns de euros á contratación de xestores en empresas galegas para impulsar as vendas no exterior

O obxectivo é que pemes e organismos empresariais empreguen expertos en comercio exterior para a realización de proxectos de internacionalización

30/12/20 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 4 plans de internacionalización dixital de pemes e microempresas da comarca de Bergantiños-Costa da Morte con máis de 150.000€

As axudas achegadas a través das dúas convocatorias deste ano do Galicia Exporta Dixital mobilizarán nesta área máis de 188.000 euros

30/12/20 | 10:31 | C. de Economía e Industria
29/12/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a Xunta chegará esta semana a pagar xa o 70% das solicitudes de axudas dedicadas á hostalería, a microempresas e aos autónomos

“O prazo de presentación de axudas aínda finalizou onte. Nunca unha orde se pagou de forma máis rápida que esta”, subliña

29/12/20 | 15:12 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a contratación por máis de 7 millóns de euros da nova ampliación de Ifevi en 5.000 metros cadrados

“Desde que chegamos ao Goberno, levamos investidos no Ifevi case 16 millóns de euros en sucesivas ampliacións”, di, subliñando a importancia deste complexo para a celebración de eventos de referencia internacional como Conxemar, Navalia ou Mindtech