Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Cultura:

15/10/20 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Monbus disputa este sábado un partido dedicado á Ruta Xacobea no marco da iniciativa apoiada pola Xunta 'O Camiño acaba en Obradoiro'

O partido da Liga Endesa ACB Monbus Obradoiro e Acunsa Guipúzoca Basket estará dedicado ao Camiño de Santiago e a próxima celebración do Xacobeo 2021

14/10/20 | 18:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a capacidade de adaptación dos profesionais galegos de vodas e eventos fronte á covid-19

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nun encontro con Aprogabe, a asociación que os agrupa

14/10/20 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O potencial da marca Galicia no exterior centra unhas xornadas sobre os lazos entre o Camiño de Santiago e a Ruta da Seda

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración das xornadas, que se celebrarán ata o venres e contarán coa participación de máis de 30 expertos sobre a relación entre Galicia e China

13/10/20 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Clúster de Turismo de Galicia nun servizo de consultoría a empresas do sector para adaptarse á covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación do programa “Turismo 100x100”, no que o Goberno galego inviste 150.000 euros cos que axudar ás pemes e autonómos a minimizar o impacto económico derivado do coronavirus

08/10/20 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta oferta formación online aos propietarios e traballadores de vivendas de uso turístico para mellorar a súa adaptación fronte á covid-19

Hoxe comeza o primeiro dos 18 webinars previstos para que os responsables destes aloxamentos poidan mellorar a súa resposta ante os retos futuros

08/10/20 | 12:27 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social apoia a limpeza da ruta inglesa a Santiago de Compostela ao seu paso por Ferrol a través do programa Iniciativa Xove

O programa de actividades inclúe unha campaña de promoción en redes sociais e a realización dun mural cunha mensaxe a prol da natureza no castro de Lobadiz

07/10/20 | 17:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O vicepresidente primeiro reúnese coa Confederación de Empresarios de Pontevedra para avaliar liñas de colaboración

Coincidiron na necesidade de prestar un apoio concreto ás empresas do sector turístico, especialmente afectadas pola pandemia

07/10/20 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno portugués desenvolverán un protocolo para a programación do Xacobeo e a certificación dos camiños

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto á comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, reuníronse hoxe cos membros da Comisión de Certificación do Camiño de Santiago do Executivo de Lisboa

05/10/20 | 20:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a saída desde Mos dunha das etapas da Volta Ciclista a España supón unha oportunidade para visibilizar o Camiño Portugués

A directora de Turismo de Galicia participou na presentación do programa de actividades que o concello de Mos ten previsto desenvolver nas semanas previas á celebración da etapa