Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

09/11/20 | 11:10

Medio Ambiente entrega ao Concello de Moaña unha das dúas primeiras bandeiras verdes que se entregan na Comunidade

O Concello de Porto do Son tamén accede a este distintivo, que ten obxectivo recoñecer e premiar a aqueles municipios que destaquen polas súas boas prácticas na protección paisaxística e ambiental

07/11/20 | 11:42

A Xunta adxudica por case 42.000 euros as obras de mellora da ruta das Dúas Vertentes, no parque natural Serra da Enciña da Lastra

A actuación, impulsada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e con financiamento do programa operativo Feader, busca potenciar a utilidade pública do espazo facilitando información sobre as especies máis representativas e os seus valores naturais, ao tempo que se actúa no mobiliario e nos muros de pedra

06/11/20 | 12:25

Os interesados en acollerse ás axudas do programa de mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios terán sete meses a partir do 2 de xaneiro de 2021 para presentar a súa solicitude

Os interesados en acollerse a esta liña de incentivos, a que se destinan case 17 millóns de euros, só poderán presentar a solicitude por medios telemáticos

05/11/20 | 16:25 | A Presidencia da Xunta

A Xunta mobiliza 35 millóns de euros en axudas para a reforma enerxética de vivendas e edificios, o que permitirá crear 2.300 empregos

Feijóo explica que serán subvencionables: actuacións na envolvente térmica dos edificios, o uso de enerxías renovables e melloras nas instalacións de iluminación

05/11/20 | 15:10

Medio Ambiente financiará con 160.000 euros a redacción dos plans especiais de protección do casco histórico de Tenencia e Fontán no concello de Sada

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Sada veñen de asinar o convenio en virtude do cal o departamento autonómico achegará esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación dirixido a entidades locais de menos de 50.000 habitantes

05/11/20 | 15:03

Galicia viviu o mes de outubro máis frío desde o ano 2008 e con precipitacións que se moveron dentro dos valores habituais

O avance do informe climatolóxico mensual elaborado por MeteoGalicia conclúe que sobre todo as máximas foron máis baixas do agardado, cunha anomalía media das temperaturas que se situou 0,69 graos por debaixo do esperado

04/11/20 | 12:14

Ángeles Vázquez anuncia a próxima posta en marcha dos primeiros grupos de traballo da rede de reservas da biosfera de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inaugurou hoxe unha xornada promovida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e centrada no traballo vía ‘online’ entre estes espazos

03/11/20 | 13:04

Medio Ambiente salienta as distintas actuacións en materia de rehabilitación en Ribadavia como exemplo do compromiso coa recuperación edificatoria

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destaca que as dúas Áreas de Rehabilitación Integral do municipio -ARI do Conxunto Histórico e do Casco Antigo de San Cristovo- recibirá case 160.000 euros en axudas á rehabilitación da convocatoria de 2020

31/10/20 | 12:36

Medio Ambiente comeza os traballos para acondicionar como zona verde a parcela de Xoán XXIII no concello de Santiago

Esta semana empezouse xa a acometer a poda das árbores e a próxima está previsto iniciar o movemento de terras, se a meteoroloxía o permite

31/10/20 | 12:33

Medio Ambiente financiará con 236.000 euros a reforma das instalacións do campo de fútbol municipal de Catoira

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Alberto García acaban de asinar o convenio en virtude do cal o departamento autonómico achegará esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación dirixido a entidades locais de menos de 50.000 habitantes