Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

27/01/22 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Vilamarín na mellora da eficiencia enerxética da iluminación dos baixos do consistorio, da escola infantil, da Casa da Cultura e do velorio

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou as melloras realizadas nestas instalacións municipais no marco do Fondo de Compensación Ambiental

27/01/22 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa os traballos de recoñecemento xeotécnico na contorna do futuro enlace de conexión da Vía Ártabra coa autoestrada AP-9

Realízanse 3 sondaxes, dúas na zona da mediana da autoestrada estatal e unha máis no exterior, co obxectivo de coñecer a natureza dos materiais de recheo do terraplén existente na contorna do futuro paso inferior do posible enlace de conexión

26/01/22 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Lousame colaboran na mellora do firme do viario de Sanguiñal a Tállara, que suporá un investimento autonómico de case 100.000 €

O Goberno galego asume o financiamento e o Concello adxudicará as obras na primavera para executalas no verán, cun prazo dun mes

26/01/22 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para as obras de construción dunha nova senda na estrada autonómica PO-548, no concello de Valga, licitadas por preto de 737.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé desenvolver esta actuación durante este ano, xa que conta cun prazo de execución de seis meses

26/01/22 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 48,3 M€ as obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé asinar o contrato a finais de febreiro co obxectivo de iniciar a continuación as obras, cun prazo de 40 meses

25/01/22 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 13 empresas para executar unha senda na PO-313 entre Pardavila e Cadro, en Marín, licitadas por máis de 610.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé desenvolver esta actuación durante este ano, xa que conta cun prazo de execución de nove meses e os actos expropiatorios xa foron convocado en setembro e decembro do 2021

25/01/22 | 10:02 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca preto de 18 M€ en axudas para que os concellos galegos poidan mellorar camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, case un 26% máis que en 2021

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que convoca o Plan Marco 2022-2023

24/01/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta a necesidade dun cambio normativo estatal para garantir a viabilidade de todas as obras públicas e protexer o emprego ante a crise dos materiais

A conselleira destaca que a Xunta foi pioneira ao adoptar medidas para evitar retrasos e paralizacións nas obras en curso e salienta que outras autonomías, como Estremadura, decidiron replicar exactamente a mesma iniciativa legal

24/01/22 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que as obras de ampliación do acceso ao polígono de Sabón, en Arteixo, están executadas ao 60% e rematarán en maio, logo dun investimento da Xunta de 6,3 M€

Actualmente, 22 operarios e 11 máquinas traballan nas obras, que consisten na duplicación de carrís ao longo da avenida da Deputación, desde a glorieta de Sabón ata a intersección coa avenida da Enerxía e coa avenida da Ponte

24/01/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case medio millón de euros a 138 obras particulares e de concellos para corrixir impactos paisaxísticos na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que xa están convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos, tanto privados como municipais