Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

18/11/20 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Educación subliña que os retos de futuro son a innovación, a cualificación do profesorado, o aproveitamento do talento e a inclusión

José Luis Mira interveu na Comisión Especial de Estudo sobre a Reactivación Económica, Social e Cultural de Galicia pola crise da covid-19

17/11/20 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As instrucións da Xunta para corrixir o 'decreto do aprobado xeral' manterán os criterios de calidade do sistema educativo galego

A Consellería de Educación ten xa listo o documento, que ten como obxectivo manter os estándares de calidade do noso ensino, avalados por PISA

16/11/20 | 16:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Case 6000 estudantes seguen o webinario ‘Só a ciencia nos salvará da pandemia’

A Xunta de Galicia e Igaciencia organizan este evento con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galego

13/11/20 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellorará a atención domiciliaria ao alumnado a través dun equipo virtual integrado por docentes

Contribuirán a reforzar o papel do profesorado asignado a estes labores

13/11/20 | 15:05

A Xunta salienta que o proxecto Gerês-Xurés dinámico impulsou o turismo sostible e a educación ambiental na Reserva da Biosfera

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, clausurou esta mañá o evento virtual co que se dá por pechado esta iniciativa

13/11/20 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria e ESO

Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude

12/11/20 | 17:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta a oferta de emprego público correspondente a 2020, a maior dos últimos 12 anos con 7.380 prazas

Feijóo precisa que a OPE ascende a 2.741 prazas no eido da Administración Xeral, 985 prazas no eido sanitario e 3.654 prazas no ensino

12/11/20 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece o traballo de 20 estudantes cos premios extraordinarios de ESO ao rendemento do curso 2019/2020

A Consellería de Educación convoca cada ano estes galardóns que teñen como obxectivo valorar o esforzo e dedicación do alumnado que cursou educación secundaria obrigatoria en Galicia cun excelente aproveitamento

11/11/20 | 19:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que Galicia é a única comunidade onde os universitarios pagan as mesmas taxas que hai dez anos

O conselleiro de Educación destaca que a conxelación, por décimo ano consecutivo, dos prezos públicos universitarios garante a igualdade de oportunidades no acceso á universidade