Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

08/11/20 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata este mes as formacións en liña para mellorar a adaptación á covid-19 das vivendas de uso turístico

Os propietarios que acceden a esta formación teñen a opción de acreditala mediante un exame que lles permite acceder a un certificado de aproveitamento

07/11/20 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,2 millóns de euros para acondicionar e mellorar a sinalización de case 200 quilómetros do Camiño de Inverno

O vicepresidente primeiro presentou hoxe en Chantada este Plan de mellora, que inclúe a instalación de nova sinalización e a rehabilitación de tramos do camiño

06/11/20 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima ao sector dos cámpings a traballar por unha oferta de excelencia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na Asemblea xeral anual da Asociación Galega de Cámpings

04/11/20 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por un camiño seguro para reactivar a peregrinación de cara ao Xacobeo 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o xerente do Sergas, José Flores, participaron hoxe na presentación do plan para os corredores peonís seguros nos 11 concellos galegos polos que pasa o Camiño Francés

02/11/20 | 15:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para un curso de formación en liña sobre turismo sostible e financiamento na Unión Europea

A iniciativa, que terá lugar entre o 9 e o 13 de novembro, vai dirixida a profesionais en situación de desemprego, período de formación ou mellora laboral de Galicia ou do Norte de Portugal

02/11/20 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrecerá axudas ao sector turístico pero solicita a implicación das restantes Administracións

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes do Clúster de Turismo

30/10/20 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Goberno central que reduza o IVE turístico ao 4% para axudar ao sector durante a pandemia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, participou na reunión de responsables da marca turística España Verde

29/10/20 | 16:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A demanda nos establecementos extrahoteleiros galegos cae en setembro 24 puntos menos que a media nacional

Galicia segue mellorando as súas cifras de estadía media, sete puntos por riba respecto ao 2019

29/10/20 | 16:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reúnese con asociacións do sector turístico para avaliar liñas de colaboración

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe encontros de traballo con representantes da Asociación de Balnearios de Galicia e da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga)

29/10/20 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu nas rutas xacobeas da provincia de Pontevedra máis de 5,4 millóns de euros na última anualidade

A directora de Turismo de Galicia fixo balance das últimas actuacións levadas adiante pola Xunta no marco dos distintos plans do Camiño de Santiago