Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Medio ambiente:

02/07/21 | 11:07 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que a residencia de maiores que construirá e equipará a Fundación Amancio Ortega en Ferrol “vai situar a cidade á vangarda nacional” dos coidados

Conta cun investimento aproximado de 12 millóns de euros e permitirá a creación de 120 prazas públicas de atención, a creación de 110 postos de traballo directo, un equipamento moderno e uns servizos innovadores

01/07/21 | 17:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pon en marcha a campaña estival 2021 para ofrecer á mocidade "un verán para recordar"

Desde hoxe e ata o mes de setembro a Comunidade acollerá preto de 90 propostas de ocio promovidas polo Goberno galego entre campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado

30/06/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforzará o protocolo de protección da campaña de verán con tests de antíxenos previos a todos os participantes e monitores

Entre as medidas xa aplicadas o ano pasado que se manterán atópanse a redución do aforo, o incremento do número de monitores ou o reforzo das medidas de desinfección e limpeza

29/06/21 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social subliña o labor imprescindible dos centros de protección na creación de recursos para que os menores aprendan a convivir e desenvolverse integramente

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou está mañá as instalacións de Vigo

29/06/21 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade
28/06/21 | 16:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita as obras de substitución da cuberta do CAPD de Redondela, ás que se destinarán máis de 500.000 euros

Os traballos enmárcanse no conxunto de actuacións de mellora previstas para este ano nos distintos centros de servizos sociais da Comunidade

28/06/21 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social presenta a guía de servizos de emerxencia social en lectura fácil de Fademga dirixida a persoas en risco de exclusión

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na presentación do documento, que ten como finalidade explicar os servizos sociais que se encontran nas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago