Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/02/22 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Gabriel Alén supervisa as obras de reforzo da seguridade viaria na OU-113 ao seu paso por Laza

Gabriel Alén explicou que nesta actuación, encamiñada a favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia do peregrinos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 36.000 euros

04/02/22 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a renovación da sinalización vertical das autoestradas AG-53 e AG-54 cun investimento de 80.000 euros

Substituiranse o 33% dos sinais, o que supón un total de 330 dos 980 elementos existentes: placas complementarias, sinais e carteis

04/02/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de humanización do acceso á estación de autobuses de Carballo para lograr un espazo máis aberto á vila e á cidadanía

A actuación supón un investimento de máis de 48.000 euros e conta cun prazo de execución de 2 meses

03/02/22 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste case 200.000€ na mellora dos camiños rurais da parroquia de Couso en Coristanco

Gonzalo Trenor e Juan Carlos García supervisaron o avance nas obras que comezaron o ano pasado e remataran ao longo deste ano

03/02/22 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 50.000 euros para a instalación dunha rede de luz pública eficiente e unha pista de skatekart no concello de Mos

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobaron hoxe as melloras levadas a cabo o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

03/02/22 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora da seguridade na estrada AC-934, no treito coincidente co Camiño Norte, ao paso polo Concello de Sobrado

A actuación consiste na construción de dous tramos de senda de 1,5 metros de ancho pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 19+120 e 20+630

02/02/22 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 456.000 € as obras de mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais do núcleo da Derrasa, no Pereiro de Aguiar

Esta intervención, cun prazo de execución de 4 meses, ten como fin renovar estas infraestruturas hidráulicas

02/02/22 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora da estación de bombeo de augas residuais de Mogor, en Marín

Os traballos, que suporán un investimento autonómico que supera os 92.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

02/02/22 | 11:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do concello de Mugardos da estrada AC-132, que comunica A Gallada e O Seixo

Transfírense os 2,19 km desta vía que discorre na súa totalidade polo termo municipal, como paso previo para modificar o ancho das beirarrúas e dotar de accesibilidade o tránsito dos peóns

01/02/22 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 1,1 M€ no novo itinerario entre Carballo e Coristanco, que terá continuidade na senda de acceso ao centro comercial, que se licitará na primavera

Destaca o beneficio social desta senda, moi valorada e empregada polos veciños desde finais de decembro e que dá continuidade ás beirarrúas de Carballo ata as de Montecelo, en Coristanco