Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

25/11/20 | 18:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación inviste 1,9 M€ na modernización e rehabilitación enerxética do IES Illa de Tambo e do CEIP Carballal de Marín

Luisa Piñeiro supervisa estas actuacións, que están a piques de finalizar, coa alcaldesa María Ramallo e destaca o “gran esforzo da Xunta para ter os centros educativos de Marín nas mellores condicións”

25/11/20 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez advirte que a nova lei educativa racha coa imparcialidade na designación dos inspectores educativos

Sinala que o texto abre a porta a que “poidan ser elixidos polo dirixente de turno” de xeito arbitrario en lugar de valorarse os coñecementos pedagóxicos demostrados a través dunha proba obxectiva vixente ata o de agora

24/11/20 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A rehabilitación integral do CEIP de Cervo permite aforrar máis dun 80% en consumo enerxético e emisións contaminantes

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro de ensino, que foi reformado cun investimento próximo ao millón de euros

24/11/20 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que o CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove é máis cómodo e eficiente tras finalizar as obras de rehabilitación enerxética

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o colexio, que foi obxecto “dunha importante modernización” na que se investiron máis de 670.000 euros

20/11/20 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reduce case á metade o consumo enerxético e emisións contaminantes do CEIP Santa María, na Fonsagrada, grazas á reforma integral

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que no último ano a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu 915.500 euros neste colexio

20/11/20 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dá a coñecer na Maker Faire proxectos de 14 centros de ensino que apostan pola inclusión e a innovación educativa

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, participou na apertura da xornada de educación da Galicia Maker Faire Galicia

19/11/20 | 17:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As políticas da Xunta en materia de bibliotecas escolares cuadriplicaron as visitas dos estudantes a estes espazos

Segundo un estudo que analiza a evolución nos últimos 15 anos, o 87% dos alumnos de Primaria visítanas polo menos unha vez á semana

19/11/20 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a calidade do proxecto presentado polo alumnado do CPR Plurilingüe Barreiro ao consumópolis-15

O traballo “Se vas a consumir, mira ben antes de elixir” quedou terceiro na fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida

19/11/20 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta as instrucións para garantir as prácticas presenciais en empresas na FP no contexto da covid-19

O titular de Educación subliña que a prioridade absoluta é que as prácticas se realicen nos centros de traballo de xeito presencial, dado que proporcionan unha cualificación máis completa ao alumnado, pero hai que ter unha folla de ruta alternativa por se a evolución da pandemia non o fai posible